Poda en altura de árbores e palmeiras. Cirurxía de palmeiras
A poda en altura supón un traballo con un alto risco e moi especializado. Require adestramento continuo e a combinación de coñecementos sobre arboricultura, fisioloxía das árbores, técnicas de traballos en altura, técnicas de manexo de máquinas e ferramentas especiais, prevención de riscos, e aptitude física.
Non hai moitas persoas especializadas que reúnan estes requisitos en Galicia nin en España e é unha profesión moi vocacional, esixente e pouco coñecida.
A poda pode ter diversos obxectivos: seguridade, saneamento, redución da copa, rexuvenecemento da planta, ornamental, frutificación, etc; sendo en case tódolos casos unha combinación.
Nós executámola con todo o esmero para cumprir eses obxectivos respectando a bioloxía das árbores, o conxunto harmónico e paisaxístico do entorno e o medio ambiente. Sempre cumprindo a lexislación de prevención de riscos e os estándares de seguridade recomendados pola International Society of Arboriculture e o European Arboricutural Council. Ademáis, levamos un control de desinfección de ferramentas de un exemplar a outro e de un traballo a outro.
A poda de palmeiras que tamén facemos ten a súa especialidade. Implica o emprego de ferramentas especialmente deseñadas para este fin. De facerse recomendamos encarecidamente acompañala dos tratamentos fitosanitarios pertinentes.
Tamén realizamos cirurxía de saneamento de palmeiras. Esta delicada técnica aplícase en casos de palmeiras xa afectadas polo picudo vermello que se pretenden salvar.